Sobre nós

Podgalego 1.0

Hai máis de dez anos nacía Podgalego 1.0, un espazo na rede no que creamos comunidade e espallamos esa daquela nova tecnoloxía chamada Podcast. Definíamolo deste xeito:

cabeceira1

Podgalego.org naceu a finais do verán de 2006 coa intención de recoller nun sitio todos os podcasts galegos tamén chamados falangullos. Aquí podes atopar unha listaxe con todos os que imos descubrindo pola rede adiante, recursos e algunha axuda para que poidas escoitalos ou facer o teu.
Se coñeces outros falangullos, sitios de hospedaxe, ou informacións sobre o tema e non o temos recollido aquí, fáinolo saber mediante o formulario de contacto.

Podgalego 2.0

Logo seguiu o podgalego 2.0 apoiado por Proxecto-DS cunha web renovada na que continuamos apoiando a comunidade podcaster en Galicia con novas, titoriais, recursos e sobre todo co directorio onde listar todos os podcast.

cabeceira2

podgalego_dous

Podgalego 3.0

Dez anos despois, en 2016, chega Podgalego 3.0, a terceira versión do espazo adicado aos podcast galegos. Nesta ocasión abeirámonos en Agoral.gal para hospedarnos e inspirámonos no directorio da asociación de podcast. E simplificamos os nosos obxectivos para ser simplemente un directorio de podcast.

cropped-logo_podgalego_temp2.png

Podgalego é unha web dirixida a agrupar e difundir os podcast en galego. Se queres escoitar contidos de audio usa esta web ou o teu cliente de podcast favorito. Se xeras contidos de audio e queres estar en podgalego, ponte en contacto.

Moitas persoas teñen colaborado con Podgalego ao longo dos anos, mais foron dous os principais impulsores do proxecto: na parte gráfica e boa parte dos contidos Ictioscopio (Uxío Broullón), e na parte técnica e organizativa Isaac González.