Ábrete de orellas

Páxina web
RSS Podcast
Etiquetas:
Ábrete de orellas xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico e foi crecendo a carón do seu director Pepe Cunha. Ao tempo que espallaba a súa faceta de comentarista musical por diversos medios (Radio Kaos, Rádio FilispiM, Diario de Ferrol, Radio Fene, De troula, Xornal de Galicia, TVG ... ). En 2003 creou www.abretedeorellas.com, portal especializado en música e concertos na Galiza. Cunha atención especial a artistas, salas e produtoras do país, non pretende crear tendencias, senón divulgar, ser un punto de encontro das diferentes propostas. Máis de 2300 seareir@s en facebook e máis de 20000 visitas no último ano animan a seguir mellorando. Esta versión radiofónica de Ábrete de orellas repasa concertos no país, novidades discográficas que chegan á redacción orelluda e recupera cancións do pasado máis ou menos recente.