fbpx
CompostelaCulturaGastronomíaNovas

De Ninghures arrancará a nova edición do ciclo gastronómico e musical noitiNHas 2024

O grupo De Ninghures arrancará o noitiNHas 24 o vindeiro mércores 15 de maio.

O ciclo gastronómico e musical noitiNHas regresa á programación cultural cunha sétima edición na que ofrecerá cinco eventos de participación gratuíta para o público no NH Collection Santiago os mércores 15 de maio, 5 de xuño, 3 de xullo, 7 de agosto e 4 de setembro a partir das 19:30h.

A iniciativa, promovida polo hotel NH Collection Santiago e organizada por Correveydile, volve contar co apoio de Cervezas Alhambra na súa aposta por estar presente naqueles eventos nos que se crean instantes únicos que convidan desfrutar dunha Alhambra coa mellor banda sonora de fondo, e non necesitarán de reserva previa de convite por parte das persoas asistentes.

Así, 2024 e Cervezas Alhambra traerán ata a azotea do NH Collection Santiago música a cargo das actuacións de De Ninghures, Señora DJ e Futuro Alcalde, e gastronomía a través dos showcookings Cervezas Alhambra da man do chef Jeferson Cabrera (Glabistrô), o chef David Mariño (Rincón del Reino), os chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela (A Horta D´Obradoiro), a chef Lucía Freitas (A Tafona) e o chef Gerardo Quintela (Quintela).

A nova entrega do ciclo dará comezo o vindeiro mércores 15 de maio co concerto Cervezas Alhambra do grupo De Ninghures. A banda de fresh trad galego é unha das seleccionadas a través do acordo de colaboración establecido entre a cervexeira e a Fundación Paideia Galiza, co obxetivo de promover o talento e impulsar proxectos musicais incluidos dentro dos programas de aceleración promovidos pola fundación.

Acompañará a De Ninghures no cartel da primeira xornada do ciclo o picadiscos Abel Visión DJ, que ofrecerá unha sesión musical ecléctica a base de soul, funky, disco e house e un showcooking Cervezas Alhambra a cargo do chef Jeferson Cabrera  do restaurante Glabistrô (Ourense).

A continuación, a programación do resto de citas gastronómicas e musicais do noitiNHas 24:

Mércores 05 de xuño

Sesión Cervezas Alhambra a cargo de Señora Dj

Showcooking Cervezas Alhambra da man do chef David Mariño (Rincón del Reino)

Concerto de Pahua (México)

Mércores 03 de xullo

Sesión musical a cargo de Dj Constan Chao

Showcooking Cervezas Alhambra da man dos chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela (A Horta D´Obradoiro)

Concerto de The Loons (EEUU)

Mércores 07 agosto

Sesión musical a cargo de Dj Vaaaicheboa

Showcooking Cervezas Alhambra da man da chef Lucía Freitas (A Tafona)

Concerto Cervezas Alhambra a cargo Futuro Alcalde

Mércores 04 setembro

Sesión musical a cargo de Dj Daasanach

Showcooking Cervezas Alhambra da man do chef Gerardo Quintela (Quintela)

Concerto de Yo Somos (Valencia)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.