Samsung lidera o mercado de monitores OLED e gaming

xoves, 9 de maio do 2024 Marcus Fernández

Os datos publicados por IDC confirman que Samsung Electronics conseguiu situarse na primeira posición no mercado mundial de monitores OLED co 34,7% de cota de mercado en ingresos e co 28,3% dos volume de vendas durante o ano 2023.
A compañía surcoreana tamén conseguiu manterse líder no mercado global de monitores gaming por quinto ano consecutivos, cunha cota de mercado do 20,8% dos ingresos totais.
Samsung continúa a diversificar a súa gama de monitores gaming coa introdución dos novos modelos Odyssey OLED, aos que habería que sumar os monitores Odyssey Neo (con Quantum Mini LED) e os Odyssey Ark, que coas súas prestacións e deseños fan que a compañía consiga manterse en cabeza nun sector moi competitivo, no que os consumidores esixen constantemente innovación e calidade.

PUBLICIDADE