Os novos Huawei Pura 70 chegan ao noso país presumindo de cámara, pero sen os servizos de Google

Huawei vén de anunciar a dispoñibilidade dos novos dispositivos da serie Huawei Pura 70 no noso país. Son tres modelos de gama alta –Huawei Pura 70, Pura 70 Pro e Pura 70 Ultra– que ofrecen unhas características de gama premium e unha cámara moi destacábel para un móbil, pero que adoecen de outras funcionalidades consideradas básicas.

Os tres modelos chegan co novo procesador Kirin 9010, foramdo por dous núcleos a 2,30 GHz, seis a 2,18 GHz e catro a 1,55 GHz. A RAM queda nos 12 GB no modelo base e Pro, e sube até os 16 GB no Ultra. Por outro lado, a memoria interna é de 256 GB no Huawei Pura 70 e sube até os 512 GB nas versións Pro e Ultra.

Huawei Pura 70
Huawei Pura 70

No caso das pantallas, o Pura 70 e Pura 70 Pro veñen con paneis planos, mentres que no Pura 70 Ultra temos unha lixera curva lateral. Toda elas comparten resolución de 2844 x 1260 píxeles, unha taxa de refresco de entre 1 e 120 Hz e un brillo máximo de 2.500 nits. En canto a tamaños, o Pura 70 queda nas 6,6 polgadas, fronte as 6,8 polgadas do Pro e Ultra.

No apartado da fotografía, atopámonos cun sensor principal de 50 MP que comparten os tres dispositivos. O Pura 70 Ultra dispón ademais dun sensor ultra gran angular de 40 MP e un teleobxectivo de 50 MP con zoom óptico de 3,5 aumentos.

Huawei Pura 70 Ultra
Huawei Pura 70 Ultra

O Pura 70 Pro frece un Ultra Gran Angular de 12,5 MP e un zoom óptico de 48 MP e 3,5 mm, mentres que o modelo base, o Huawei Pure 70, conta cun Ultra Gran Angular de 13 MP e un zoom óptico de 12 MP e 5 aumentos.

En canto á batería, a do Pura 70 te n unha capacidade de 4.990 mAh, e carga rápida por cable de 66 W. Tamén pode cargarse sen fíos a 50W, ou cargar outros dispositivos a 7,5W coa carga sen fíos inversa. O Pura 70 Pro sube até os 5050 mAh e o Ultra aos 5.200 mAh. Estes dous modelos tamén suben a velocidade carga aos 100W mediante cable, 50 W sen fíos e 20W a carga inversa sen fíos.

Os tres dispoñen do sistema operativo propio EMUI 14.2, baseado en Android 14, pero sen acceso aos servizos de Google. Isto limita enormemente as posibilidades duns dispositivos tecnicamente moi interesantes, xa que carecen de acceso á tenda de aplicacións Play Store, onde se atopan a meirande parte das apps e servizos que usamos no noso día a día.

Tampouco dispoñen de compatibilidade coas redes 5G, o cal supón tamén un inconvinte para uns dispositivos que superan os 1.000 euros.

Dispoñibilidade e prezo

A nosa serie de dispositivos Huawei Pura 70 chega ao noso país representada polos tres modelos, aínda que nunha única configuración de memorias cada un, a diferenza da China, onde haise comercializan diferentes variantes.

Huawei Pura 70 Ultra
Huawei Pura 70 Ultra

O modelo base, o Huawei Pura 70, con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenaxe custa 999 €, mentres que o Huawei Pura 70 Pro nunha combinación de 12 + 512 GB de memoria chega aos 1199 €. Por último, o Huawei Pura 70 Ultra custa 1499 €, e vén con 16 GB de RAM e 512 GB de memoria interna.

Sobre o autor

Reply