Circle to Search podería incluír unha nova funcionalidade nos dispositivos Pixel e Samsung

Presentada primeiro como unha función exclusiva dos Galaxy S24, a función “Circle to search” (rodea para buscar) chegou posteriormente aos dispositivos Pixel. Agora tamén está dispoñíbel nos Galaxy Z Fold5 e Galaxy Z Flip5, trebellos que a recibiron a través dunha actualización software.

Esta función permite, como o seu propio nome indica, rodear algo que esteamos vendo na pantalla e facer unha busca en Google baseada nesta imaxe ou texto. Porén, semella que pronto teremos novidades, coa integración de novas funcións.

Segundo apunta o coñecido filtrador @AssembleDebug, o código desta ferramenta amosa unha nova opción que permitiría capturar parte da pantalla para posteriormente compartila con outras persoas.

Deste modo, teríamos á nosa disposición unha nova forma de facer capturas de pantalla que se sumerían ás habituais (botón abaixo + tecla de acendido), ou arrastrar a palma na man, no caso dos dispositivos Galaxy de Samsung.

Sobre o autor

Reply