Star Wars Jedi: Survivor incorporarase a EA Play

luns, 22 de abril do 2024 Marcus Fernández

O éxito de Star Wars Jedi: Fallen Order levou a que o ano pasado lanzasen unha secuela, Star Wars Jedi: Survivor, que sorprendía polo seu volume de contidos, e finalmente conseguiu ter unha recepción moito mellor que a primeira entrega, converténdose nun dos grandes éxitos de 2023, de aí que estea a verse con moi bos ollos que o 25 de abril vaia incorporarse ao servizo EA Play e, en consecuencia, estará dispoñible para subscritores de PC Game Pass e Ultimate Game Pass.
A nova aventura de Cal Kestis desenvolvida por Respawn Entertainment en colaboración con Lucasfilm Games, chegará así a moitos máis xogadores, o que encaixa no ruxerruxe de que xa estaría en marcha a súa terceira entrega, aínda que a un prazo máis curto a incorporación do xogo a EA Play tamén axudaría ao futuro éxito de Star Wars Outlaws, xogo da franquía que sairá á venda este mesmo ano.

PUBLICIDADE