Móbil con 300 GB por 13 €/mes con PTV Telecom

A operadora PTV Telecom vén de actualizar as súas tarifas de móbil, con dúas propostas moi interesantes para que non quere gastar moito no seu plan mensual. Por 7,95 €/mes, a compañía ofrece chamadas ilimitadas e 30 GB de datos. E quen necesite máis datos pode optar pola opción de 300 GB, tamén con chamadas ilimitadas, por 13 €/mes.

Esta franquía de datos, sen ser ilimitada, supón unha vantaxe importante respecto á competencia. Por poñer algúns exemplos, as tres marcas “low cost” das grandes operadoras, Lowi (Vodafone), O2 (Movistar) e Simyo (Orange) ofrecen como máximo 150 GB de franquía de datos, e cun custe de 20 €/mes.

A diferenza está en que os datos de PTV son a velocidade máxima 4G, xa que polo de agora a compañía non ten acceso ao 5G, nin tampouco VoLTE. A súa cobetura proporcíonalla Orange, e tras superar os datos incluídos no plan reduce a velocidade a 16 kbps.

PTV Telecom tamén destaca pola súa oferta de fibra, ofrecendo só tres velocidades nas localidades nas que ten servizo con fibra propia: 1 Gbps por 19,95 €/mes, 2 Gbps por 24,95 €/mes e 5 Gbps por 29,95 €/mes. Porén, a súa rede é bastante escasa, e limítase a Madrid e algunhas zonas de Andalucía.

Máis info | PTV Telecom

Sobre o autor

Reply