Volven os “Días Naranjas” de PcComponentes, con descontos en máis de 1000 produtos

O e-commerce PcComponentes vén de anunciar o regreso dos seus “Días Naranjas”. Esta celebración inclúe descontos en máis de 1.000 produtos, algún dos cales estarán rebaixados nun 40%. Entre as categorías máis relevantes desta promoción están as de gaming, smartphones, tablets, ordenadores, consolas e televisores.

Nas compras superiores a 50 €, PcComponentes ofrecerá envíos gratuítos, con entregas en 24 – 48 horas. Tamén inclúen a substitución en 24 horas e a asistencia e asesoramento dos seus expertos. isto súmase ás devolucións gratuítas e diversas opcións de financiamento, que chegan até os 24 meses sen xuros.

Ofertas destacadas nos “Días Naranjas” de PcComponentes

Entre as ofertas máis destacadas desta edición dos “Días Naranjas” de PcComponentes, que se poderá desfrutar até o 5 de maio, están a consola portátil ROG Ally Z1 Extreme Asus R7 con Xbox Game Pass Ultimate durante 3 meses por 699 €. Ou a Nintendo Switch OLED Edición Limitada The Legend of Zelda: Tear of the Kingdom por 369 €.

O compoñente MSI MPG B550 GAMING PLUS, que permite unha expresión completa de cor con control avanzado de iluminación RGB e sincronización rebáixase a 119,99 €. E o MSI GeForce RTX 4060 Ti VENTUS 3X OC 8 GB GDDR6 DLSS3 a 379 euros.

Para quen busque un monitor, o MSI G24C4 E2 23.6 LED FullHD 180 Hz FreeSync Premium Curva, un monitor curvo gaming con panel de 1920 x 1080 píxeles, taxa de refresco de 180 Hz e 1 ms de tempo de resposta, estará dispoñíbel por 129 €. E o Asus TUF Gaming VG27AQ1A 27″ LED IPS WQHD 170Hz G-Sync Compatible, por 229,99 €.

En canto a dispostivios móbiles, ofértase o Realme 11 Pro Plus 5G, na configuración de 12 + 512 GB, que custará 349 €. No apartado de coidado do fogar, a aspiradora de man sen cables Dyson V8 Absolute quedará nos 339 €.

Para rematar, centrándonos na cociña, a Delonghi Autentica Cafetera Superautomática con Molinillo e capacidade de preparar 2 tazas de espresso ao mesmo tempo, terá un prezo de venda de 329 €. E a fritidora de aire Xiaomi Air Fryer de 6 L e 1500 W custará 67,99 €.

Sobre o autor

Reply