Fíltranse algúns datos dos Pixel Buds Pro 2 que prepara Google

Segundo se vai aproximando a data do I/O 2024, o evento de desenvolvedores de Google, florece a rumoroloxía dos dispositivos que se agarda sexan anunciados nesa cita. Por unha banda temos o Pixel 8a, e por outro os Pixel Buds Pro 2, unha nova versión dos auriculares de botón.

O paso deste novo accesorio por entidades de certificación de Dinamarca e Corea, déixannos datos como que a funda de carga terá unha batería de maior capacidade, pasando de 620 mAh a 650 mAh. Se ben non é un salto xigante, é de prever que sirva para aumentar un pouco a autonomía ou dar soporte a novas funcionalidades que esixen un maior uso de recursos.

Agárdase tamén que os novos auriculares de Google sexan unha porta máis para o acceso a funcionalidades baseadas na Intelixencia Artificial (IA), e que melloren a cancelación de ruído. Tamén se espera novos códecs que permitan unha experiencia de audio superior.

Onde non se agardan moitas novidades é no deseño, onde semella que Google optará por manter a mesma liña con lixeiras variacións apenas perceptíbeis. En todo caso, de seguro que nas próximas semanas coñecemos novas imaxes destes auriculares que non han tardar en saír á venda,

Sobre o autor

Reply