TCL anuncia a súa nova gama de televisores e monitores gaming

TCL anuncio esta semana o seu novo portfolio de televisores e monitores gaming para este 2024. Unha colección de pantallas de gran tamaño, con novas funcionalidades e diferentes tecnoloxías para converter a televisión no centro do entretemento dixital. Ademais, por primeira vez, chegan a Europa os monitores de alto rendemento QD-Mini LED TCL, con pantallas máis brillantes, conectividade rápida e alimentación por USB-C.

Nova gama de monitores

Pensando naquelas persoas que buscan unha boa pantalla para xogar, TCL trae a Europa os seus monitores de alto rendemento QD-Mini LED, da serie R8, cos seus modelos 34R83Q e 27R83U. Ambos os dous contan con 1152 zonas de Mini-LEDs para conseguir un brillo elevado e un rendemento HDR máis realista.

Ademais, contan cun porto USB-C funcional que garante alta compatibilidade con varios dispositivos e simplifica a conectividae. Grazas ao seu conector reversíbel, alta velocidade de transferencia de até 10 Gbps e entrega de enerxía de 90W, as usuarias poden desfrutar dunha experiencia simplificada, con transferncias rápidas e carga eficiente.

Cabe sinalar tamén que estes monitores da serie TCL R8 melloran a experiencia de xogo con cinco efectos de iluminación ambiental diferentes, incluíndo vermello estático, azul estático, luces ambientais coloridas en movemento, modo respiración de luz e modo deportivo, permitindo crear atmósferas adaptadas ás preferencias de cada usuario.

Novos modelos de televisión.

TLC anunciou numerosas novidades nos seus modelos de televisión, a comezar pola serie X955. Os seus paneis de gran formato ofrecen unha experiencia envolvente, e están dispoñíbeis en 85, 98 e 115 polgadas. Contan con resolcuón 4K UHD e tecnoloxía Quantum Dot para conseguir cores máis vibrantes e una maior nivel de contraste.

Pola súa banda, o TCL V6B 4K HDR TV da serie V6B combina tecnoloxía e deseño. Presenta características como Micro Domming, Dynamic Colour Enhancement e HDR 10, que garanten unha calidade de imaxe con cores vivas nas que destacan os detalles. As funcións para xogo veñen dadas pola presenza de HDMI 2.1 ou Game Master 2.0, destacando unha baixa latencia e axuste e optimización automática da imaxe aos xogos.

Outra das novidades é a serie TCL C655 Classic 4K QLED TV, que pon o foco na fusión de imaxe e son. Equipada coa tecnoloxía QLED PRO e un procesador AiPQ PRO, conta tamén co sistema de son Onkyo 2.1CH con Dolby Atmos, que pretende emular as sensacións dunha sala de cinema.

O TCL 65C855 é un televisor 4K de 65 polgadas con tecnoloxía QD-Mini LED para un contraste máis nítido. A pantalla ten unha taxa de refresco de 144 Hz, que ofrece imaxes fluídas con calidade dada por QLED PRO e HDR Premium. Incorpora tamén Game Master Pro 3.0, son Onkyo con Dolby Atmos e unha conectividade na que destaca a presenza de 4 portos HDMI 2.1 e WiFi. Por último, leva funcións adicionais como UHD HDR e eARC, cos que TCL pretende ofrecer unha experiencia de visualización premium.

No TCL 65T7N temos un panel QLED de 65 polgadas con QLED PRO e 4K HDR PRO. O seu procesador é un QiPQ, e está equipado de Game Master 3.0, orientado aos entesiastas dos xogos. Aposta por Dolby Atmos no son e conectividade HDMI 2.1, WiFi e Bluetooth.

Seguindo coas novidades, o TCL P755 Popular 4K Smart TV é un televisor pensado para toda a familia. Destaca por contar con Dolby Vision, HDR 10+ e un amplo espectro de cores, cunha frecuencia de actualización de 120 Hz. No son temos Dolby Atmos e DTS Virtual:X.

Por último, o TCL 65C655PRO é un televisor QLED de 64 polgadas equipado coa tecnoloxía Full Array Local Dimming (FALD) e QLED PRO. A súa resolución é 4K HDR PRO e o procesamento da imaxe vén dado por AiPQ. Ten soporte para Game Master 3.0 e con certificado por Dolby Atmos, cun sistema de altofalantes 2.1 con woofer para un audio inmersivo e envolvente. En termos de conectividade, vén con WiFi e HDMI 2.1.

A meirande parte destes novos televisiores tamén ofrecen a solución de Google TV, que permite instalar centos de aplicacións nos televisores, así como Google Assistant para controlar coa voz tanto a tele como os dispositivos que poidamos ter conectados na nosa casa. Do mesmo xeito, ofrecen funcionalidades Chromecast e Miracast, para poder transferir os contidos dos nosos dispositivos e reproducilos na pantalla da casa.

Sobre o autor

Reply