Por onde comezar?

Agora.gal naceu para ter un lugar na rede por onde comezar. A natureza de internet fai que os proxectos e webs nazan espallados. Desde este espazo queremos descubrir e arrumar con vós, os que navegades en galego, contidos na rede que nos gusten, nos informe, non divirtan, nos ensinen…

Comezamos con algo sinxelo, agora.gal/ligazons unha pequena grella ordenada de ligazóns a espazos comunicativos dividida e organizada por temas. Dirixida a ser páxina de inicio para levarnos axiña ás páxinas da nosa internet. Na parte superior tendes ligazóns a outros proxectos dos que vos falaremos máis adiante, e tamén a ligazón a un formulario para que nos axudedes a completar o mapa da internet en galego.

Visita Agora.gal

O obxectivo de agora.gal

O obxectivo é axudar a descubrir, ordenar e espallar os contidos que se ofrecen na nosa lingua. Facéndoo sempre desde unha perspectiva inclusiva, positiva e con interese nos bos contidos.

Como resultado deste traballo Agora.gal pretende ser o quilómetro cero da internet en galego, o espazo no que comezar a navegar na nosa lingua.

Detrás de agora.gal hai un pequeno grupo de persoas que de cando en cando adicamos parte do noso tempo librea agora.gal, facémolo desde a paixón pero sen autoimpornos ritmos nin tempos, simplemente deixamos fluír as ganas de descubrir a internet en galego.