Os Rabbids e Monkey Island chegarán a Apple Arcade o 6 de xuño

mércores, 8 de maio do 2024 Marcus Fernández

O vindeiro 6 de xuño o servizo Apple Arcade vai recibir unha chea de novidades, aínda que a compañía da mazá está a destacar con máis interese que o 30 de maio estrearán o xogo Where Cards Fall, un multipremiado xogo de quebracabezas, pero que desta volta chegará nunha versión específica para Apple Vision Pro, facilitando o seu control mediante xestos naturais.
Para o grande público as incorporacións máis importantes en Apple Arcade serán o xogo de Ubisoft Rabbids: Legends of the Multiverse (un xogo de batallas de naipes protagonizado polos célebres Rabbids) e Return to Monkey Island+ (o regreso de Ron Gilbert ás aventuras de Guybrush Threepwood, que podería considerarse como a terceira parte da saga de The Secret of Monkey Island).
Completan as novidades de xuño o xogo Tomb of the Mask+ (versión para Apple Arcade dun título de labirintos de grande éxito) e Fabulous - Wedding Disaster+ (xogo de xestión temporal ambientado no mundo da moda).

Apple Arcade recibirá un novo xogo dos Rabbids
Return to Monkey Island+ estará dispoñible en Apple Arcade a partir do 6 de xuño

PUBLICIDADE