fbpx
GastronomíaNovas

A décima edición do ‘Estrelas no Camiño de Santiago’ estreará a iniciativa ‘Bocado Solidario’ con 60 locais participantes

Casa Barqueiro presenta un ano máis o evento gastronómico solidario, ‘Estrelas no Camiño de Santiago’, que contará coa participación de preto de 40 cociñeiros e cociñeiras de distintos puntos de España que suman máis de 80 Estrelas Michelin.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na presentación desta iniciativa no Mercado de Abastos de Santiago. Merelles salientou o bo momento que atravesa este evento que, “ano a ano está a ser quen de aumentar o número de participantes e consolidarse como unha cita imprescindible para a gastronomía galega”, explicou. Como dixo, trátase dun proxecto especialmente importante para o turismo galego xa que aglutina varios dos elementos que definen parte do seu éxito.
Neste sentido, salientou que a gastronomía, segunda motivación para elixir Galicia como destino, está a ser unha liña de traballo prioritaria nos últimos anos como demostra, por exemplo, a posta en marcha do Plan Territorial de Sustentabilidade Turística Enogastronomía de Galicia. 

Beneficios a Síndrome X Fráxil

O evento central de Estrelas no Camiño de Santiago o terá lugar o luns 10 de xuño na Finca Casa Barqueiro en Gonte. Alí está previsto a celebración dunha feira de gastronomía e viño da que desfrutarán tantos os chefs convidados coma o asistentes. Posteriormente terá lugar unha cea, tipo cóctel e de estacións gastronómicas con showcooking na que non faltará a animación e a música.

A edición deste ano de Estrelas no Camiño de Santiago reunirá a varios dos mellores chefs de España que se unirán para homenaxear a excelencia da gastronomía galega. Nesta décima edición, os beneficios irán destinados por segunda vez á Asociación Galega Síndrome X Fráxil e como cada ano, está previsto percorrer un tramo do camiño de Santiago, levar aos chefs ao Mercado de Abastos e visitar o Monte do Gozo.

Os cociñeiros que participarán este ano na inciativa son Martín Berasategui, Marcos Granda, Jordi Cruz, Enejo Atxa, Jesús Sánchez, Ángel León, Helena Arzak, Hermanos Torres, Paolo Casagrande, Joan Roca, Toño Pérez ou David Muñoz. Tamén participarán Paco Roncero, Pablo González, Nacho Manzano, Pepe Vieira, Javier Olleros, Fran Martínez, Rui Paula, Ramón Freixa, Paulo Airaudo, Ivan Cerdeño, Diego Guerrero, Manuel Costiña ou Marcelo Tejedor. Completan a listaxe Lucía Freitas, Miguel González, Óscar Vidal, Pepe Solla, Begoña Rodrigo, Hugo Muñoz, Juan Carlos Caro, Arnaldo Azevedo, Iñaki Aldrey, Valeiro Carrera, David de Jorge, Igor Zalakain.

O evento gastronómico solidario será na Finca Casa Barqueiro en Gonte, Negreira, o luns 10 de xuño, onde se presentarán novidades en produtos gastronómicos e enolóxicos na feira que os asistentes poderán gozar dun menú tipo cóctel e de estacións gastronómicas con showcooking nunha tarde de música e animación. As persoas interesadas en acudir poden adquirir as súas entradas e obter información en www.estrelasnocamino.es

Bocado Solidario

Este ano, como novidade da man de Estrella Galicia, activaráse dende o 23 ao 26 de maio a iniciativa ‘Bocado Solidario’, en colaboración cos establecementos das cinco asociacións de cociñeiros de Galicia. Para iso, os 60 locais participantes escollerán calquera tapa, prato ou menú e mesmo poden inventarse novas creacións que se identificarán como Bocado Solidario acompañado con Estrella Galicia Especial. A consumición deste Bocado Solidario conleva unha doazón en favor da causa apoiada polo evento Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago: a Asociación Galega Síndrome X Fráxil,  e faráse a entrega do recadado na inauguración prevista en MEGA, o Museo de Estrella Galicia, o domingo 9 de xuño.

Os locais participantes son:

NOVE
1. Pepe Vieira
2. Culler de Pau
3. Nova
4. Ceibe
5. Miguel González
6. A Parada das Bestas
7. Silabario
8. España
9. Yayo Daporta
10. Eirado da Leña
11. Bido
12. A Gabeira
13. O Retiro da Costiña
14. A Estación
15. Boketé
16. Restaurante Paprica
17. Landua
Coruña Cociña
1. Salitre
2. Peculiar
3. Intenso
4. Charlatán
5. Ultramarinos Galera
6. Nado
7. Millo
8. Greca Bar
9. Cicero
10. Miga
Vigo Gastronómico
1. Maria Manuela
2. Lume de Carozo
3. Mijo
4. Trepia
Cociña Ourense
1. Xantoki & Debault grupo hosteleria
2. Restaurante ERVA-Hotel OCA Vila de Allariz
3. Portovello
4. Confitería Milhojas
5. Pacífico
6. Regueiro da Cova
7. Sousón
8. Hostal La Viuda
9. Pazo de Canedo
10. Restaurante Sábrego
11. Casa da Fonte
12. Casa Ramirás
13. Eurostars Monasterio de San Clodio
14. Club Santo Domingo
15. Pallabarro
16. O Campanario
17. Umami e Tapa Negra
18. Marmurio do Rio
19. Bágoa Gastrobar
20. Gastrobar O Birrán
Cociñeiros Lugo
1. Restaurante Canedo
2. A Horta de San Roque
3. Manuel Bistró
4. Os Cachivaches
5. El Oviedo
6. Restaurante Prebe
7. II Farabutto Fluvial
8. Monfortino Gastrobar
9. Mare Restaurante

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.