As primeiras antenas para dar servizo 5G SA chegan a Ferrol con Movistar

A finais de ano, Orange e Movistar anunciaron os seus avances no despregamento das redes 5G SA (5G+), as máis avanzadas do mercado. No caso de Galiza, Orange anunciou a súa dispoñibilidade nas cidades da Coruña e Vigo, mentres que Movistar adiantou os despregamentos en Ferrol e Vigo.

O momento parece ter chegado, e segundo apunta La Voz de Galicia, Movistar vén de comezar a renovar no barrio ferrolán de Canido as antenas para ofrecer 5G SA.

Entre as vantaxes do 5G Stand Alone, comercialiado co nome de “5G+”, están unha maior velocidade de suba e unha redución dos retardos. Porén, para poder desfrutar desta nova tecnoloxía non só basta con estar nunha zona con cobertura, senón que ademais é preciso ter un dispositivo homologado polo operador.

Sobre o autor

Reply