OnePlus anunciará novos dispositivos o próximo martes

OnePlus vén de programar un evento de presentación de dispositivos para o próximo martes, 23 de abril. Ese día farase oficial unha nova edición lifestyle do OnePlus Watch 2 e anunciarase a dispoñibilidade dunha nova tablet de gama media, a OnePlus Pad Go en Europa.

Segundo adiantou o fabricante, a edición lifestyle do OnePlus Watch 2 estará dispoñíbel en exclusiva en Europa. Este movemento forma parte da estratexia de OnePlus por ofrecer dispositivos de gama premium, ao tempo que busca construír un ecosistema interconectado de dispositivos que funcionen perfectamente entre si, e co mundo que os arrodea.

Anunciado o pasado mes de febreiro, o OnePlus Watch 2 conta cun dobre procesador, batería de 100 horas de uso e seguemento preciso da actividade física. Foi ademais o trebello que a compañía conseguiu vender máis rápido nos últimos dous anos.

Por outro lado, tras a boa acollida e críticas recibidas pola OnePlus Pad en Europa, o fabricante introducirá en Europa a OnePlus Pad Go que xa tiña á venda na India. Con el experimentará este novo segmento de prezo, como anticipo a futuros movementos no vello continente.

Sobre o autor

Reply