O gasto no 2023 en aplicacións móbiles acadou os 837 M€ no conxunto do Estado

Rocket Lab, en colaboración con Statista, vén de dar dar conta dos resultados dun informe realizado para analizar o comportamento das consumidoras nos seus smartphones no 2023. A empresa adtech especializada en potenciar o crecemento de aplicacións móbiles, estudou este comportamento no conxunto do Estado.

O primeiro a destacar é o crecemento no tempo adicado aos dispostivios móbiles, así como o aumento do gasto das usuarias e a penetración de smartphones. Grazas a iso, a industria das aplicacións móbiles está a experimentar tamén un crecemento ao longo de diferentes mercados.

No caso do mercado español, as cifras revelan un promedio de 3,64 horas diarias adicadas ao móbil por persoa, por riba do tempo que adican as usuarias en países como Francia, Australia ou Alemania. Tamén resulta significativo o gasto en aplicacións móbiles, que acadou os 837 millóns de euros no 2023, marcando un notábel aumento respecto a anos anteriores. Esta tendencia reflexa unha maior disposición das usuarias a realizar transaccións dentro de aplicacións móbiles, o que abre novas oportunidades de crecemento e a monetización destas plataformas.

A categoría de entretemento é a que lidera a cota de mercado en termos de monetización, cuns ingresos xerados de 200 millóns de euros. Lideran a lista Disney+, seguido de Pluto TV e Amazon Prime, tanto en Android como en iOS, nun mercado que incrementou as descargas desde os 85 millóns en 2021 até os 106 millóns no 2023.

As aplicacións de comercio electrónico seguen de preto ás de entretemento, cuns ingresos de 189 millóns de euros, e 32,7 millóns de descargas. O incremento económico vén en boa medida pola suba dos ingresos por publicidade, que ascenderon a 167 millóns de euros, o que indica un maior investimento dos anunciantes nesta canle. Temu, Shein e Miravia lideran esta lista nos dous sistemas operativos móbiles.

A descarga de aplicacións fintech tamén foi crecendo progresivamente de 7,7 millóns no 2021 a 10,2 millóns no 2023, ao tempo que medraron tamén os ingresos, de 3 M€ no 2021 a 4,5 millóns de euros no 2023. Neste apartado existen diferenzas entre Android e iOS. No sistema operativo de Google, Waylet é a principal aplicación, seguida de Revolut e Google Wallet. Pola súa banda, en iOS o “top 3” téñeno Revolut, Waylet e Paypal.

Pecha a lista o mercado das aplicacións de alimentación e bebidas, cun aumento de 2,4 a 3,5 millóns de descargas desde o 2021 a 2023. Os ingresos destas apps pasaron de 5 a 8 millóns de euros. As usuarias de Android sitúan Too Good to Go, Burger King e McDonald’s como principais aplicacións deste segmento, fronte Uber Eats, Too Good to Go e McDonald’s das usuarias de iOS.

Sobre o autor

Reply