Comeza a XXI Liga Galega de Surf Kids e Xuvenil en Patos

Convocada a primeira proba do ano da XXI Liga Galega de Surf Kids e Xuvenil na praia de Patos, Nigrán, os vindeiros días 13 e 14 de abril.

Non haberá checking. Obrigatorio unha categoría por participante a excepción do seguinte: Os 4 primeiros do actual ranking de Kids e Xuvenil que poderan inscribirse na catecoria superior (lembrade que xuvenil e Kids son dous circuitos independentes) Integrantes da selección galega 2023, poden inscribirse en varias categorias.

Estaremos pendentes das previsións de ondas para confirmas os días das categorías. Aqueles que aínda non estean federados deben federarse antes deste xoves. A Liga galega consta de 5 probas polo que so puntuan a tres mellores.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o xoves 11 ás 14:00 horas.

ORGANIZA: Federación Galega de Surf, Prado surf club e Concello de Nigran.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.