Bruxelas en alerta: A UE investiga a Apple, Alphabet e Meta por posibles prácticas anticompetitivas

A Unión Europea iniciou unha inspección sobre Apple, Alphabet (Google) e Meta (Facebook / Instagram / WhatsApp) ante a posibilidade de que estas corporación non estean a acatar a recente lexislación antimonopolio. Esta lei busca limitar a influencia das grandes empresas no ámbito dixital.

Segundo parece, Apple e Alphabet non facilitaron os medios necesarios para que as creadoras de aplicacións móbiles poidan contactar directamente coas usuarias e ofrecer promocións fóra das súas respectivas tendas virtuais, evitando así o pago de comisións. Ademais, hai indicios de que Alphabet continúa a favorecer os seus servizos de busca en Google, relegando aos competidores en áreas como Google Shopping, Google Flights ou Google Hotels.

Existen tamén a preocupación de que as modificacións feitas por Apple non permitan ás consumidoras eliminar con facilidade as aplicacións preinstaladas nos seus dispositivos, limitando a busca de alternativas a Safari, o seu navegador.

En relación a Meta, a Comisión Europea está a analizar o sistema de pago alternativo ofrecido ás usuarias que prefiran non compartir os seus datos entre as distintas plataformas da empresa, cuestionando se realmente se lles proporciona unha opción válida para protexer a súa privacidade.

A investigación, que comezou dúas semanas despois de que as grandes empresas tivesen que adaptarse á nova normativa, ten como obxectivo finalizarse en 12 meses. Este proceso coincide cun incremento da vixilancia por parte do goberno estadounidense sobre estas compañías.

De confirmarse as sospeitas ao final da investigación, Bruxelas indicará as accións correctivas necesarias ou as sancións que impoñerá, que poderían chegar ata o 10% dos ingresos globais das empresas, ou o 20% no caso das infraccións reiteradas.

Finalmente, a Comisión tamén está revisando se Amazon favorece os seus servizos na súa plataforma, e se a nova política de tarifas de Apple na App Store realmente permite ás usuarias adquirir apps fóra do seu escosistema. Solicitouse a Apple, Alphabet, Meta, Amazon e Microsoft que conserven documentación relevante para determinar se están a cumprir coa lexislación de mercados dixitais.

Sobre o autor

Reply