Mona de Pasqua

Preguntando ideas de lambetadas de Pascoa, alguén que sempre me dá moi boas ideas, faloume da mona de Pascoa. Despois de estar vivindo en Barcelona case 10 anos, xa era raro non ter a receita da tan afamada Mona de Pasqua no meu blogue. A verdade é que da mona agora máis ben se adoita agasallar só coa parte do chocolate. Xa sabemos que é polo que máis devecen as crianzas, mais o certo é que o conxunto está de vicio. E se a facedes caseira, máis! Non vos vou dicir que sexa algo rápido de facer, porque non o é, mais o bo que ten é que a podedes ir facendo pouco a pouco. Nós fixémola en 3 días. E así tamén vos poden axudar as crianzas agora durante as vacacións.

mona de pasqua
Mona de Pasqua

Hai monas de Pasqua de moitos sabores diferentes, nas que varía o recheo, a decoración, a crema que levan por fóra… Isto é cuestión de gustos. Nós desta vez fixémola de xema, máis con recheo de crema pasteleira. Mais podedes empregar aquel recheo ou crema exterior que máis vos guste. De feito, hai moitas que van recheas de marmelada, cousa que, evidentemente, simplifica moito o proceso.

Esta está boísima, e aínda que leva tempo, non é nada complicada de facer. E se facedes unha mini inversión mercando uns pitiños e unhas plumas, quedará espectacular, xa veredes! Eu estou moi contenta e orgullosa de como quedou e o seu éxito foi total. Así que se queredes sorprender ao voso afillado ou á vosa afillada (ou a calquera crianza ou non tan crianza) ide tomando boa nota dos ingredientes e a poñerse coas mans na masa.

Mona de Pascoa
Mona de Pasqua

Ingredientes

  • Para dous biscoitos xenoveses de 20 cm.
  • 6 ovos

  • 180 gramos de azucre

  • 180 gramos de fariña xirgada

  • 2 gramos de sal

  • Para o almibre
  • 100 ml de auga

  • 100 ml de azucre

  • Para a crema pasteleira
  • 500 ml de leite

  • 4 xemas

  • 50 gramos de amidón de millo (maizena)

  • 80 gramos de azucre

  • 1/2 vaíña de vainilla

  • Para a crema de xema
  • 4 ovos

  • O mesmo peso dos ovos sen a casca de azucre, no meu caso 215 gramos

  • 90 ml de auga

  • 15 gramos de amidón de millo (maizena)

  • 1 lámina de xelatina neutra

  • Para a decoración da mona
  • amendoa crocante ou en láminas

  • ovo de Pascoa grande

  • ovos de Pascoa pequenos

  • plumas e pitiños

Preparación

  • Comezamos preparando os biscoitos. Nós fixemos a masa toda xunta e despois dividímola en dous moldes de 20 cm. Tamén podedes enfornar toda a masa nun molde e despois dividila pola metade. Como vos vaia mellor. O molde untarémolo con manteiga e con fariña. Mona de Pasqua
  • Para comezar, separamos as claras e as xemas dos 6 ovos e montamos as claras a punto de neve coa metade do azucre (90 gramos) e o sal.Mona de Pasqua
  • Cos outros 90 gramos de azucre, batemos as xemas ata que dobren o seu tamaño e a súa cor fique máis branca. Mona de Pasqua
  • Mesturamos as claras coas xemas con moito coidadiño.Mona de Pasqua
  • E engadimos a fariña, xa xirgada, con movementos de arriba a abaixo e pouco a pouco para que a masa fique ben esponxosa.Mona de Pasqua
  • Enfornamos uns 20 minutos a 180ºC. Deixamos que arrefríe. Nós deixámolos uns minutos nos moldes e despois sacámolos e deixámolos arrefriar por completo coa parte de arriba cara abaixo, favorecendo así que a parte superior quede igualada. Por cuestións de loxística familiar, nós deixámolo arrefriar ata o día seguinte, pero podedes facer o resto do proceso o mesmo día.Mona de PasquaMona de Pasqua
  • Se fixestes un só biscoito, cómpre dividilo ao medio. Nós só usamos o cortador para alisar un pouco a superficie e que quedara o máis igualada posíbel.Mona de Pasqua
  • Agora imos preparar o almibre. Só temos que mesturar os ingredientes e levalo a ferver durante uns 5 minutos. Apagamos o lume.Mona de Pasqua
  • E co almibre aínda quente, ímolo botando sobre os dous biscoitos coa axuda dun pincel de cociña.Mona de Pasqua
  • Despois, preparamos a crema pasteleira.
  • Fervemos o leite xunto coa vainilla e apagamos.Mona de Pasqua
  • Por outra banda, batemos as xemas xunto co azucre ata que estean cremosas e máis brancas.Mona de Pasqua
  • Engadimos a maizena ás xemas e mesturamos.
  • Xa a lume medio, engadimos o leite pouco a pouco ás xemas, sen parar de remexer.Mona de Pasqua
  • En canto ferva, deixamos que se cociñe durante uns minutos sen parar de mesturar todo.
  • Deixamos que arrefríe un pouco, mais non de todo, pois precisamos que estea quente para que nos sexa máis sinxela de manexar.Mona de Pasqua
  • Botamos a crema pasteleira sobre o biscoito que usaremos de base ata que nos quede unha boa cantidade de recheo. Mona de PasquaMona de Pasqua
  • Poñemos o outro biscoito por riba e facemos unha lixeira presión para que queden ben xuntiños. Sacamos o recheo que saia, se sae algún. Tapamos con film transparente e deixamos a arrefriar na neveira. Nós deixámolo ata o día seguinte.Mona de Pasqua
  • Agora toca preparar a crema de xema. Pesamos os ovos sen casca (xa nunha pota) e engadimos a mesma cantidade de azucre, a maizena e a auga. Poñemos todo a ferver e deixamos tamén a xelatina en auga para que se hidrate.
  • En canto ferva, veremos que estará espesa e coa textura perfecta para a nosa mona. Engadimos a xelatina hidratada, apagamos o lume e remexemos todo ben. Mona de Pasqua
  • Botamos a crema de xema sobre o biscoito e imos repartíndoa por arriba e máis polos lados., intentando deixala o máis lisa posíbel. Mona de Pasqua
  • Agora será cando vaiamos botando o granulado de améndoa ou as améndoas en láminas. A mellora maneira é coller unha boa cantidade coa man e ir botando por todo o redor para que fique pegado. Retiramos o que sobre e deixamos arrefriar.Mona de PasquaMona de PasquaMona de Pasqua
  • Cando xa estea a crema fría, colocamos os ovos de chocolate, os pitiños e as plumas.Mona de Pasqua

Pode aguantar ata unha semana na neveira sen problema ningún. O biscoito, ao levar o almibre non fica nada seco. O resto dos ingredientes aguantan á perfección e sen que o seu sabor ou textura se vexa resentido. Por riba tamén lle podedes poñer o que queirades. Nós mercamos un ovo grande con base porque así era máis sinxelo de colocar sobre a mona. Hai quen pon outras lambetadas tamén ao redor, iso xa depende do voso nivel de larpeirismo e dos comensais que haxa. Pensade que aínda que o biscoito é de 20 cm., esta mona ben pode ser degustada por un mínimo de 8/10 persoas, polo que non precisades aumentar cantidades, a non ser que sexades moitos máis.

Mona de Pasqua
Mona de Pasqua

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.