O2 actualiza as tarifas de móbil e liñas adicionais

O2, a segunda marca de Telefónica, vén de incorporar novidades no seu portfolio de tarifas para o servizo de móbil. Logo do anterior cambio, a compañía viña ofrecendo tres plans de 10, 15 e 20 euros, con 20, 75 e 150 GB de datos, respectivamente.

Coas últimas modificacións, O2 implementa unha nova proposta, que a cambio de 7 € ofrece 12 GB de datos a velocidade 5G, ademais de chamadas e SMS ilimitados en territorio estatal. Con este novo plan, a compañía pretende chegar a ese segmento da poboación que fai un uso escaso do seu smartphone.

Ademais, para separar este da seguinte proposta, o plan de 20 GB con chamadas e mensaxes ilimitadas a cambio de 10 €/mes incrementa a franquía de datos até os 30 GB sen mudar o prezo. Deste modo, con estas dúas novidades as opcións de só móbil quedan do seguinte xeito:

  • Chamadas ilimitadas, SMS ilimitados e 12 GB por 7 €/mes.
  • Chamadas ilimitadas, SMS ilimitados e 30 GB por 10 €/mes.
  • Chamadas ilimitadas, SMS ilimitados e 75 GB por 15 €/mes
  • Chamadas ilimitadas, SMS ilimitados e 150 GB por 20 €/mes.

As ofertas de O2 complétanse cos plans de só fibra, cos que se pode contratar unha liña con 300 Mbps por 27 €/mes ou 1 Gbps por 31 €/mes, incluíndo fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles. Ou os plans converxentes, con cinco propostas que van desde os 300 Mbps de fibra con móbil con 10 GB por 30 €/mes da opción máis económica a 1 Gbps con móbil con 200 GB por 50 €/mes do plan superior.

Cambios tamén nas liñas adicionais de O2

Outro cambio nas tarifas afecta ás liñas adicionais de O2. Até o de agora, as usuarias dos servizos máis económicos podían acceder a contratar liñas adicionais de 10 ou 40 GB, e as do plan superior a liñas de 40 ou 100 GB.

Tras os últimos cambios, todas as usuarias poden contratar a liña adicional que queiran, que terán chamadas e SMS ilimitadas e 10, 40 ou 100 GB por 5, 10 ou 15 €/mes, respectivamente.

Sobre o autor

Reply