Filtrado o Motorola edge 50 Fusion

O próximo dispositivo que prepara Motorola vén de ser filtrado. Falamos do Motorola edge 50 Fusion, un trebello de gama media que vén de ver a luz extraoficialmente, a través da filtración das súas imaxes de prensa e a folla de características.

Este modelo estará equipado cunha pantalla pOLED curvada de 6,7 polgadas, con resolución FHD+. No interior teremos un procesador Qualcomm Snapdragon 6 Gen 1, con 8 GB de memoria RAM e 256 GB de memoria interna. A súa batería será de 5.000 mAh, con carga rápida de 68 W.

No apartado fotográfico teremos unha cámara principal dobre, formada por un sensor de 50 MP acompañado dun ultra gran angular de 13 MP. Na parte frontal haberá unha cámara de 32 MP incrustada nun burato da pantalla.

Dispoñibilidade e prezo do Motorola edge 50 Fusion

O fabricante ten programado un evento que terá lugar o próximo mércores 3 de abril na India. Seguramente sexa aló onde sexa anunciado de maneira oficial. De feito, prevese que se poña á venda nese mesmo país e na China, para logo dar o salto a Europa e Norteamérica no futuro.

Malia que o seu prezo non foi filtrado, agárdase que o Motorola edge 50 Fusion sexa posto á venda por uns 300 euros ao cambio. Poderase adquririr en tres cores (Ballad Blue, Peacock Pink e Tidal Teal), a primeira delas cunha textura de coiro sintético.

Sobre o autor

Reply