Novos Microsoft Surface Pro 10 e Surface 6

Microsoft anunciou os seus novos modelos Surface, que como xa fora adiantado, están centrados nas capacidades intelixencia artificial. Falamos dos novos Surface Pro 10 e Surface 6, dous portátiles que chegan cos novos procesadores Core Ultra de Intel, e cun enfoque moi orientado ao mundo empresarial.

O Surface 6 está dispoñíbel en dous tamaños, 13.5 e 15 polgadas, mentres que a Surface Pro 10 chega en 13 polgadas. No seguinte cadro detállanse todas as características técnicas.

Microsoft Surface Pro 10 for BusinessMicrosoft Surface 6 for Business (13.5)Microsoft Surface 6 for Business (15)
Dimensións287 × 208 × 9.3 mm340x 244 x 16.9 mm308 x 223 x 16.7 mm
Peso879 g1.68 kg1.38 kg
PantallaLCD 13 polgadas PixelSense táctil
LCD 15 polgadas PixelSense táctilLCD 15 polgadas PixelSense táctil
ProcesadorIntel Core Ultra 5 135U
Intel Core Ultra 7 165U
Intel Core Ultra 5 135H
Intel Core Ultra 7 165H
Intel Core Ultra 5 135H
Intel Core Ultra 7 165H
GráficosIntel GraphicsArc GraphicsArc Graphics
RAMAté 64 GBAté 64 GBAté 64 GB
AlmacenaxeAté 1 TB de SSDAté 1 TB de SSDAté 1 TB de SSD
Conectividade sen fíosWiFi 6E (802.11ax)
Bluetooth 5.3
WiFi 6E (802.11ax)
Bluetooth 5.3
WiFi 6E (802.11ax)
Bluetooth 5.3
CámarasDianteira FullHD
Gran Angular
Cámara traseira de 10.5 MP
Cámara dianteira Full HD
Cámara traseira de 10.5 MP
Cámara dianteira Full HD
Cámara traseira de 10.5 MP
Portos2 x USB – C con USB 4, Thunderbolt 4
Até 45W de carga rápida
Surface Connect Port
Conexión con teclado Surface

2 x USB – C con USB 4, Thunderbolt 4
Até 45W de carga rápida
Surface Connect Port
Conexión con teclado Surface

2 x USB – C con USB 4, Thunderbolt 4
Até 45W de carga rápida
Surface Connect Port
Conexión con teclado Surface
SonDobre altofalante de 2W Dolby Atmos
Soporte para Bluetooth LE Audio
Dobre altofalante de 2W Dolby Atmos
Soporte para Bluetooth LE Audio
Dobre altofalante de 2W Dolby Atmos
Soporte para Bluetooth LE Audio
BateríaAté 19 horasAté 18,5 horasAté 18,5 horas
Sistema opertativoWindows 11Windows 11Windows 11
Prezo inicialDesde 1.399 eurosDesde 1.399 eurosDesde 1.639 euros

Como puidemos ver na comparativa anterior, os tres modelos comparten moitas das súas características. Comezando polas pantallas, que malia os seus diferentes tamaños todas todas veñen con tecnoloxía LCD, resolución de 2880 x 1920 píxeles e relación de aspecto 3:2. Tamén inclúen soporte para Dolby Vision, taxa de refresco de 120 Hz e protección Corning Gorilla Glass 5. O brillo máximo é de 600 nits SDR.

A Surface Pro 10 leva o procesador máis potente, en dúas versións: Intel Core Ultra 5 135U e Intel Core Ultra 7 165U, mentres que as Surface 6 quedan cos Intel Core Ultra 135H e Intel Core Ultra 165H. As configuracións máis ambiciosas son de 64 GB de RAM e 1 TB de memoria SSD para os tres modelos.

Na súa aposta polas funcións IA, Microsoft incorporou a tecla Copilot, para que sexa máis sinxelo facer o chamamento a esta funcionalidade que está a posicionar a Microsoft no campo da intelixencia artificial, pero cuxo groso de funcións está previsto que chegue a finais de ano.

Dispoñibilidade e prezo

Estes tres novos dispositivos de Microsoft poranse á venda o próximo 9 de abril, cun abano de prezos que dependerá da configuración de memoiras e do procesador que leven.

Así, a Microsoft Sufrace 10 Pro co procesador Intel Core Ultra 5 partirá de 1399 €, e a versión co Intel Core Ultra 7 de 1999 €. Pola súa banda, a Microsoft Surface 6 Core Ultra 5 de 13,5 polgadas terá un prezo inicial de 1399 €, e a de 15 polgadas de 1639 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply