Un estudo revela o apego á tecnoloxía que xa non empregamos

Dous de cada tres españois conservan na casa un teléfono antigo que xa non usan. É o que desprende un estudo realizado por Grover sobre o uso e consumo da tecnoloxía en 2024. Pero iso non é todo: o 86% da poboación garda cando menos un dispositivo electróncio en desuso. E case tres cuartas partes (74%) acumulan máis dun. Mesmo hai un 29% de persoas que teñen un auténtico “museo histórico” na casa, con cinco ou máis aparellos obsoletos.

Se pensamos nas razóns que nos levan a non desfacernos destes vellos aparellos, a primeira é a da prudencia. A meirande parte das persoas pensa que poden ser útiles no futuro (33%). Porén, tamén hai moito de nostalxia (26%), e outras persoas que simplemente poñen como causa o esquecemento (13%).

Para sacarlle partido a esta tecnoloxía que xa non empregamos, podemos realizar diferentes accións. A primeira delas é vendela no mercado de segunda man -obtendo o correspondente beneficio económico-, pero tamén podemos reciclala, unha opción responsábel co medio ambiente. Así mesmo, podemos alugala, unha alternativa que permite acceder á tecnoloxía sen necesidade de mercala nin acumulala.

O alugueiro de tecnoloxía emerxe como unha solución sostíbel e flexíbel, que permite desfrutar dos últimos aparellos sen ter que preocuparse pola súa obsolescencia. Ademais, ao final do período de aluguer, o dispositivo devólvese á empresa, que se encarga do seu correcto reciclaxe.

Cada vez son máis as empresas que se adican a este cometido, como Grover. Tamén é unha opción que contemplan algúns fabricantes, entre eles Samsung e Apple. Estes ofrecen dispositivos nun renting que permite desfrutar dos últimos modelos con certa asiduidade, ou quedar con eles ao remate do contrato pagando unha cota final.

Sobre o autor

Reply